Rueda, convencido de que Besteiro será o seu rival nas eleccións galegas

Di que o "dedo designador" de Sánchez pode estar detrás do seu nomeamento como candidato do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/10/2023 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Alfonso Rueda xa ten case claro quen vai ser o seu contrincante no PSdeG cando convoque as vindeiras eleccións galegas. E esa persoa é José Ramón Gómez Besteiro, ex presidente da Deputación de Lugo, ex secretario xeral do PSdeG e agora deputado no Congreso.

O deputado do PSOE no Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, no Congreso
O deputado do PSOE no Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, no Congreso | Fonte: PSdeG

"Non temos a constancia pero todo indica con toda certeza que as designacións de Besteiro son persoais de Pedro Sánchez", dixo sobre o nomeamento do de Lugo como un dos deputados socialistas que estarán nas negociacións para a investudira do presidente do Goberno en funcións. Previamente, Besteiro xa fora tamén o elixido por Sánchez para defender o uso das linguas cooficiais no Congreso.

Por iso, o presidente galego non ten dúbidas de que Formoso tamén será o designado por Sánchez para competir con el nos futuros comicios galegos, comicios que, por outra banda, poderían celebrarse moito antes do verán do 2024 que é cando tocarían por lei.  Para Rueda, a elección de Besteiro como candidato do PSdeG sería unha "enmenda á totalidade" aos órganos de decisión do PSdeG --que recollen que a elección debe ser en Primarias-- porque sería polo "dedo designador" de Sánchez.

En todo caso, o presidente galego tamén aproveitou para criticar ao seu futuro rival político e dixo que se forma parte da comisión negociadora da investidura de Sánchez, "tamén acepta que se llen dean máis a unhas autonomías que a outras", en clara referencia ás cesións que Pedro Sánchez pode facer a cataláns e vascos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta