Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/10/2023 | Actualizada ás 13:13
A Xunta reunirase cos novos propietarios de Xeal (a sociedade checa Energo-Prol) e co comité de empresa, e pediu que se garanta o mantemento da actividade e do plan industrial, así como "a totalidade dos empregos".
Así o manifestou a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, en resposta a preguntas dos medios durante unha visita ao Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da UVigo.
A conselleira explicou que o goberno galego, do mesmo xeito que xa fixo na operación de venda de anos atrás, pide que se manteña a actividade que realiza Xeal, tanto no ámbito da ferroaleación como no aproveitamento eléctrico dos saltos de auga, e que tamén se garanta a continuidade dos postos de traballo.
Tras indicar que a empresa debe cumprir co plan industrial que se lle esixiu no seu momento e que presentou, avanzou que "por suposto" os responsables autonómicos reuniranse coa nova propiedade e co comité de empresa "para manter esa liña de contacto e garantir o mantemento dos empregos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.