O modelo galego de xestión do Camiño de Santiago serve de exemplo aos países de Europa do Leste

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2023 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Xunta estenderá e compartirá o modelo galego de xestión en torno ao Camiño de Santiago a administracións públicas e entidades de Centro Europa e países de Europa do Leste. Segundo informou o Executivo galego, así o decidiron durante a asemblea da Federación Europea do Camiño que se celebrou durante esta semana en Polonia.

O xerente do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, participou no encontro no que trataron a reforma dos estatutos da federación para facilitar a incorporación de máis administracións públicas federadas á entidade. Así, integraron á Axencia Francesa para os Camiños de Santiago, á asociación española de Municipios do Camiño Francés, á rexión croata de Sud Istria, así como ás cidades de Dubrovnik e Sibenik. Ademais, incorporaron a cidade italiana de Asís e as rexións polacas de Pomorskie e Zachodniopomorskie Voivodeship.

Sinalización do Camiño de Santiago
Sinalización do Camiño de Santiago | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta