Lembrando a luz poética de Luz Fandiño

Santiago presenta o 'II Festival Luz Poética'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Desde este luns e ata o vindeiro domingo 29 de outubro, Santiago de Compostela encherase de poesía e música coa segunda edición do 'Festival Luz Poética', un evento que pon en valor a poesía nova galega.

A concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, e o director do festival, Diego Horschovski, presentaron este luns un amplo programa con talleres, rutas e recitais, onde se darán a coñecer novas voces deste ámbito.

O nome do festival está inspirado na figura do poeta compostelá Luz Fandiño, "inspiración para toda unha xeración de mozas de Galicia", tal e como destacou Diego Horschovski. "A poesía nova está moi viva e ten menos prexuízos e moito máis rock&roll do que estamos afeitos", reivindicou o organizador do festival, que sinalou tamén que este evento é "unha porta de entrada" para poetas que "están nas marxes" e queren atopar un oco para a súa expresión en sitios da cidade.

Tamén Miriam Louzao quixo pór en valor un proxecto que toma o nome de Luz Fandiño, "poeta compostelá que fai cidade e fai país con cada unha das súas accións cada día". A información sobre programación aquí.

A concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, e un dos organizadores do Festival Luz Poética, Diego Horschovski, presentan o evento
A concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, e un dos organizadores do Festival Luz Poética, Diego Horschovski, presentan o evento | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta