Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 19:35
A participación de Alfonso Rueda no 'talk show' da TVG 'Land Rober' aínda segue dando que falar. Preguntado pola súa participación en programas de entretemento tras as cŕiticas recibidas pola oposición, o presidente galego dixo que dá por feito que faga o que faga van permanecer.
"Non responde a ningún plan e non hai nada previsto respecto diso", asegurou Rueda, quen dixo que, neste sentido, non pode "prever" se o fará noutro programa, pero que si pode "prever" que á oposición "non lle vai a gustar". Iso si, chanceou con que lle "falta por probar un programa deportivo" e augurou que, de acudir a un, tamén será obxecto de críticas: "A ver se lles gusta".
GALEGO NA UE
Noutra orde de cuestións, tras decaer a instauración das linguas cooficiais de España na UE, Rueda reiterou que lle "gustaría" que se puidese empregar a lingua propia nas institucións europeas.
Así mesmo, repetiu a súa postura a favor de que é o Senado, ao seu xuízo, a cámara na que se debe empregar a lingua cooficial, como el mesmo fixo recentemente, e non o Congreso. "E en Europa, onde hai outro multilingüismo, gustaríame", manifestou, pero recoñeceu que non depende do Goberno central.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.