Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2023 | Actualizada ás 17:20
A planta que a empresa Sogarisa ten no polígono industrial das Somozas rexistra desde as 16,20 horas deste domingo un incendio nas súas instalacións dedicadas á reciclaxe de residuos industriais.
Segundo puido saber Europa Press, na zona rexistráronse varias explosións, que precederon ao comezo das chamas, afectando a unha zona na que se almacenaban distintos produtos.
Desde o 112 mobilizouse aos Bombeiros do Eume, con sede nas Pontes, GES de Ortigueira, Bombeiros de Ferrol e os efectivos de extinción de Barreiros, ademais da Garda Civil.
Ademais, no momento do incendio había na planta varios traballadores, que saíron da zona sen que se rexistraron feridos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.