Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/11/2023 | Actualizada ás 13:41
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación resolveu por unanimidade outorgarlle o Premio Xela Arias nesta VI edición á Asociación Galega de Editoras polo seu labor e dedicación na promoción dos libros en galego, "un dos sectores que dá unha maior visibilidade á profesión da tradución, e no que o diálogo entre profesionais e empresas é máis aberto e directo".
A entidade destaca que nos últimos anos, o aumento do xurdimento de editoras que teñen a tradución como unha das súas principais áreas de traballo. "Polo que este premio é, tamén, a nosa forma de agradecer ese vínculo coa nosa profesión, cada vez máis profesionalizado", indica nun comunicado.
As gañadoras das pasadas edicións foron a tradutora María Alonso Seisdedos (2018), a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (2019), o proxecto cooperativo NUMAX (2020) e a revista científica Viceversa e A Mesa pola Normalización Lingüística (2022).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.