Pechadas as visitas a Meirás esta fin de semana ante o paso da borrasca 'Domingos'

A previsión meteorolóxica para os próximos días de "choiva e, sobre todo, vento e temporal de mar" suscitou esta medida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

As visitas ao Pazo de Meirás quedaron suspendidas este sábado e domingo, días 5 e 6, debido á chegada dunha nova borrasca, bautizada como 'Domingos', que baterá especialmente no norte da comunidade galega.

Así o informa o Concello de Sada que é o encargado de xestionar as visitas despois de que a propiedade pasase, de maneira provisional, ao Estado.

A previsión meteorolóxica para os próximos días de "choiva e, sobre todo, vento e temporal de mar" suscitou esta medida, segundo explica.

O consistorio, engade, habilitou a web do pazo para que as persoas interesadas poidan reservar as súas visitas a partir do 11 de novembro.

Pazo de Meirás / M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Pazo de Meirás / M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta