Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/11/2023 | Actualizada ás 10:34
Unha muller resultou ferida tras ser atropelada por un coche no quilómetro 5 da EP-8002, en San Clemente de César, no municipio pontevedrés de Caldas de Reis. Segundo informou o 112, o suceso ocorreu pouco antes das 6.00 horas da madrugada deste sábado e foi un particular o que alertou de que a muller perdera a conciencia tras o atropelo.
A muller foi trasladada ao hospital en ambulancia e no operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis e de Portas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.