Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2023 | Actualizada ás 16:00
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este venres no Museo do Pobo Galego na inauguración da exposición 'Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito', impulsada pola Xunta e producida pola Editorial Galaxia coa colaboración da Fundación Penzol e a Real Academia Galega (RAG) para dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
O representante da Xunta lembrou que as Letras Galegas "non se limitan a celebrar un único día", se non que lembran ao homenaxeado durante todo o ano. O broche final a este ano de homenaxes porao a presentación do Caderno Ramón Piñeiro dedicado á figura de Fernández del Riego.
Esta exposición, que estará no museo ata final de ano, enmárcase na programación de máis dun cento de accións que o Goberno galego, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais, impulsan durante todo o ano para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a Francisco Fernández del Riego.
'Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito' repasa a traxectoria vital e profesional do autor homenaxeado a través de 14 paneis informativos e didácticos e de mesas-vitrina con material gráfico e documental pertencente ao autor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.