A Xunta convoca 35 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual

A Xunta de Galicia convocou oposicións para cubrir 35 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2023 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia convocou oposicións para cubrir 35 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a convocatoria este luns de 31 prazas para a especialidade de limpeza e cociña e de catro prazas para a escala de Persoal de Servizos Xerais (PSX).

Tal e como explican nun comunicado, a inserción laboral de persoas con discapacidade constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social, "polo que é necesario adoptar as medidas necesarias para incrementar o emprego destas pesonas, aumentar as súas posibilidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación".

Neste sentido, as administracións públicas deben promovoer e desenvolver iniciativas que axuden a alcanzar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade.

Un total de 153 persoas con discapacidade intelectual realizan os exames para. XUNTA
Un total de 153 persoas con discapacidade intelectual realizan os exames para. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta