Por GC Emprende | Compostela | 26/06/2015 | Actualizada ás 19:12
A festa de cervexas artesanais de Galicia Barro Cervexa Fest presentará na súa terceira edición dúas novas modalidades que inclúen licor café e auga de mar, e unha terceira apta para celíacos con niveis mínimos de glute.
Os produtores Menduiña, coa súa cervexa Lobishome apta para celíacos; Cervexa Morriña, cunha nova proposta baseada en licor café cento por cento galego, e Galponbier, co seu produto Auga Mareira, serán os encargados de presentar estas bebidas innovadoras.
O Pazo da Crega de Barro acollerá este fin de semana o evento que converte á localidade pontevedresa de Barro “na capital da cervexa artesanal" da comunidade. Nesta ocasión, contará coa presenza das marcas Saramagal, Menduiña, Dama Allaricense, De Lago, Cervexa Nós, Galponbier, Suevia, Cervexa Meiga, Cervexa Morriña, e coa fábrica de Sidra Ribela.
Segundo un comunicado da organización, este grupo de produtores acompañaranlles dous postos ambulantes coa gastronomía autóctona de Galeguesa Facenda O Agro e de Ofirmar, con marisco fresco para cociñar no momento.
Hai programadas actividades complementarias como unha cata e maridaxe de queixos titulada "Un paseo por Europa", a cargo de Gonzalo Germade, da Quesería Tasting Room; unha cata de queixos de Galicia de Pazo de Anzuxao e unha exhibición de cociña protagonizada polo director gastronómico de Grupo IN9, Miguel Mosteiro
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.