As investigacións apuntan a que "non hai probas" sobre as filtracións dos días de inspección a residencias

A Xunta asegurou que a investigación interna posta en marcha tras a denuncia de supostas filtracións sobre as datas de inspeccións a residencias de maiores concluíu que "non hai probas que apoien as acusacións" realizadas pola Asociación Galega de Inspectores e Inspectoras de Servizos Sociais (AGISS).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2023 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Xunta asegurou que a investigación interna posta en marcha tras a denuncia de supostas filtracións sobre as datas de inspeccións a residencias de maiores concluíu que "non hai probas que apoien as acusacións" realizadas pola Asociación Galega de Inspectores e Inspectoras de Servizos Sociais (AGISS).

Así o sentenciou a secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, María Francisca Gómez Santos, en resposta a unha pregunta parlamentaria formulada pola deputada do PP Raquel Arias na Comisión 5ª do Parlamento galego. A responsable do departamento que dirixe a conselleira Fabiola García detallou que a investigación aberta tras a denuncia feita polo colectivo no mes de agosto estivo dirixida por un funcionario do corpo superior da administración xeral que non está vinculado a Política Social nin ao corpo de inspección.

As pescudas internas leváronse a cabo través dun procedemento de información reservada que, segundo aclarou, "non reviste carácter sancionador", está dirixido contra "ningunha persoa" en concreto, nin "substitúe" ao procedemento que imporía sancións en caso de detectar irregularidades. Gómez Santos sinalou que foi entrevistado "todo o persoal" que accede á planificación de visitas e as leva a cabo, incluídos a directora de Inspección e as xefas de servizo.

Deste xeito, sinalou que "a inmensa maioría dos inspectores" declaron nas entrevistas "que non comparten" as afirmacións da asociación que denunciou os 'chivatazos' ás residencias e "ningún dos inspectores afirmaron que existise proba algunha que confirmase" as acuacións. Ademais, continuou, o instrutor da investigación tamén concluíu que os cambios no sistema de inspeccións implantados "de forma experimental" non tiveron impacto "no número de expedientes sancionadores". Por todo isto, a secretaria xeral técnica de Política Social sentenciou que "non existe proba algunha" que apoie as acusacións da asociación, que cualificou de "falsas", "moi graves" e que, di, "causaron moito dano".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa comparecencia na Comisión de Orzamentos
A conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa comparecencia na Comisión de Orzamentos | Fonte: XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta