Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2023 | Actualizada ás 17:30
Os sindicatos CIG, CCOO, UGT e SNEP Galicia convocaron unha nova xornada de folga, a sexta do ano, para o martes 19 de decembro, á que están chamados a participar os traballadores das escolas infantís (de 0 a 3 anos) de titularidade privada e as públicas de xestión indirecta para instar as patronais a negociar un novo convenio estatal con "salarios dignos e xustos".
As organizacións tamén avanzan próximas mobilizacións ao longo do mes de decembro. As primeiras serán o mércores 13 en Vigo, Santiago e A Coruña, continuarán o sábado 16 cunha manifestación na capital galega e haberá máis o martes 19, coincidindo coa xornada de folga.
As reivindicacións "mantéñense na liña dos últimos meses", afirman os sindicatos: denunciar "o inmobilismo" nas negociacións do convenio e "defender os dereitos laborais, sociais e salariais" das traballadoras dos ao redor de 200 centros que hai en Galicia.
O comunicado incide na "falta de vontade negociadora" da patronal, sobre todo no tocante á actualización dos salarios, que "actualmente están por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional". Ademais, non son unhas contías acordes "coas súas responsabilidades laborais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.