Soben as rupturas matrimoniais en Galicia no terceiro trimestre

Sitúase como a sexta autonomía con máis separacións, divorcios e nulidades do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no terceiro trimestre deste ano foi de 1.031, un 3% máis que as 1.001 do mesmo período de 2022, segundo datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) este luns.

Os datos de Galicia sitúana como a sexta comunidade con máis número de rupturas do Estado, por baixo de Andalucía (3.804), Cataluña (3.098), Comunidade Valenciana (2.567), Madrid (2.360) e Canarias (1.147).

Na comparativa de demandas de ruptura matrimonial respecto da poboación a 1 de xaneiro de 2023, obsérvase que, por cada 100.000 habitantes, en Galicia contabilizáronse 38,2 demandas, por baixo das 40,8 de media estatal.

Así, en Galicia aumentaron os divorcios consensuados (de 553 a 627, un 13,4%) e o non consensuados descenderon (de 414 a 379, un 8,5%). Pola súa banda, as separacións consensuadas baixaron de 24 a 18, o que contrasta coa subida das non consensuada de cinco a oito. Ademais, entre xullo e setembro contabilizáronse dúas peticións de nulidade matrimonial.

Tamén se iniciaron 153 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 15% máis. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 319 a 332, un 4,1% máis.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos menores non matrimoniais, rexistráronse 251 demandas de modificación de medidas non consensuadas fronte ás 245 do terceiro trimestre de 2022, o que se traduce nun aumento do 2,4%; e 201 demandas de modificación de medidas consensuadas (181 o ano anterior), o que representa unha subida interanual do 11%.

Sinatura de divorcios e separacións
Sinatura de divorcios e separacións | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta