Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 13:21
As entradas para o Gozo Festival, que se celebrará o 6 de xullo, saíron á venda este xoves a partir de 95 euros. Polo momento os únicos artistas confirmados para actuar no Monte do Gozo, Santiago de Compostela, son Ed Sheeran e Bomba Estéreo.
O prezo das entradas oscila entre os 95 euros da xeral en pista e os 135 euros no 'front stage'. Ademais, a entrada VIP --con barra libre, acceso directo, cocktail de snacks e merschandising-- costa desde 288 euros na pista xeral a 323,5 euros en 'front stage'.
As entradas para o festival, que celebra a súa segunda edición, pódense comprar a través das plataformas Live Nation, gozofestoival.com, Ticketmaster e O Corte Inglés.
Ed Sheeran actuará por primeira vez en Galicia e, xunto a un concerto en Tenerife, será a súa única actuación en España no 2024. O equipo de comunicación do Gozo Festival destacou que o artista británico é un dos máis escoitados do mundo, con máis de 80 millóns de oíntes mensuais en Spotify. "É unha cifra ao alcance de moi poucos", apuntou. Ademais de Ed Sheeran, o equipo do festival tamén confirmou a actuación do grupo colombiano Bomba Estéreo e asegurou que en breve se anunciarán outros artistas que actuarán nesta "noite histórica".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.