Ciudadanismo, enfermidade infantil do oportunismo

Séguense sucedendo distintos chamamentos á unidade, desde as ópticas ciudadanistas. As mareas ou espazos semellantes, pasaron a ser o “formato de moda”, da nova esquerda moderna.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 15/07/2015

Comparte esta noticia
PODEMOS pasou de ser o modelo da transparencia, da participación horizontal, da ética e do novo estilo alternativo de facer política, a pactar cunha parte da “Casta”, a impoñer desde arriba listas gañadoras, a restaurar aos Cuneros, a converterse noutro partido máis do sistema, que reproduce os mesmos métodos de facer política.
 
Os que non se decidiron aínda a ser parte do partido chamado polos “deuses a gobernar España”, utilizan outra variante de facer política, onde o que prima é o cidadán, a opinión e actuación individual. A estes movementos ciudadanistas, que de independentes teñen moi pouco, consideran que os partidos de esquerdas están esgotados, que non son o instrumento idóneo para o cambio. Para iso hai que mergullarse en mareas teledirixidas, por grupos políticos xa existentes, dando a imaxe de que se trata da acción espontánea da cidadanía. Onde os líderes son elixidos coma se fosen “de forma democrática” por algúns centenares de persoas, integrantes das redes sociais. Cidadáns que no 80 % pertencen a eses mesmos partidos mergullados nas mareas e que queren subirse á onda. Persoas de cidades, por iso “son cidadáns”, especialmente clases medias e profesionais. Os traballadores ou traballadoras ou os homes e mulleres do campo polos “seus estilos antigos e anticuados”, non son ben vistos por estes vendedores de imaxes televisivas. Os ciudadanistas necesitan caras bonitas, roupas informais e pouca ideoloxía.
 
Isto desde o punto de vista da saúde mental, trasladado á política, chámase esquizofrenia.
 
O último manifesto “Agora en Común” é unha clara demostración disto. Disimulados militantes de Esquerda Unida e o Partido Comunista de España, con algún cargo nestas candidaturas cidadás, exhortan ao conxunto da esquerda á unidade. En Galicia os promotores da Marea Galega utilizan o mesmo método calcado. Nin que fose pensado na mesma reunión e coa mesma xente.
 
Aquí xúntanse dúas posicións que non son diverxentes, que teñen moitas cousas en común, a posición de Podemos e os impulsores destes manifestos. En ambas trátase de ofrecer unha alternativa posibilista e pseudo - participativa. Para algúns analistas políticos “Agora en Común”  é o novo atallo para chegar a “PODEMOS guión”. Un novo envoltorio para que Alberto Garzón, Yolanda Díaz e a “nova garda rosa”, integren á Marea PODEMOS.
 
Ningunha das dúas correntes suscita a ruptura co modelo político e económico imposto.
 
Por iso quen queremos expresar á esquerda “sen maquillaxe” sinalamos que hoxe máis que nunca é necesario unha fronte ampla da esquerda rupturista e as esquerdas soberanistas. Que abran un proceso constituínte. Onde se anulen todas as leis económicas e políticas impostas por este goberno reaccionario. Un proceso onde se defina o modelo de Estado, baseado no dereito a decidir dos pobos. Isto lógrase cun acordo programático autenticamente democrático e de transformación social. Para iso é necesario a converxencia de todos os partidos e organizacións sociais, que estean dispostas realmente a cambiar esta sociedade capitalista e abra o camiño para un proceso republicano e socialista.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.