Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/12/2023 | Actualizada ás 10:48
Un dos ocupantes do accidente de tráfico no municipio ourensán de Coles faleceu, segundo informaron fontes próximas ao caso. Trátase dun dos acompañantes dun dos vehículos sinistrados, en concreto un veciño de Ourense, de 91 anos.
O accidente produciuse tras unha colisión entre dous turismos na N-525 (Zamora-Santiago), no municipio ouresano de Coles, con dúas persoas feridas graves e catro leves.
Segundo informou a Garda Civil, o suceso tivo lugar minutos despois das 14,00 horas no punto quilométrico 246.100. Pola violencia do impacto e pola posición final dos vehículos, cortouse o carril do sentido Zamora e deuse paso alternativo para que os bombeiros poidan intervir.
Un dos turismos implicados, un Seat Toledo, estaba ocupado polo condutor e un acompañante, o home falecido. Os dous resultaron feridos graves. No outro vehículo, un BMW serie 3, viaxaban unha muller e tres menores, todo eles feridos leves. Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas de motoristas, un equipo de investigación de sinistros de tráfico, bombeiros e varias ambulancias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.