Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 17:53
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou os programas de 'mentoring' como "un estímulo" para a inserción laboral dos mozos, que así poden "disipar dúbidas" de cara a decidir o seu futuro.
Así o destacou na súa intervención durante un encontro con decenas de participantes e cos organizadores dos programas 'Xuventude Mentoring' e 'Xuventude Mentoring na Empresa', na Cidade da Cultura de Santiago. Rueda puido coñecelos e intercambiar unhas pequenas palabras con eles acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.
O presidente da Xunta celebrou que, con estes programas, os participantes poden gañar en "habilidades sociais" e ter un "contacto directo co mundo real" desde o punto de vista laboral, grazas a persoas que "falan da súa profesión con paixón".
"A Xunta pon en contacto á xente: aos que xa están cos que queren estar. E un 26 de decembro, o cal quere dicir que hai interese, porque queredes estar, porque sabedes que isto é bo e achega", reflexionou Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.