Dous dos 30 científicos do Programa Atrae traballarán en Galicia

Por E.P. | MADRID | 27/12/2023 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), publicou a resolución de concesión da primeira convocatoria do Programa ATRAE, no que se seleccionou a 15 científicos españois e 15 estranxeiros para incorporarse ao sistema español de I+D+i.

Dous deles recalarán en Galicia, concretamente na Universidade de Vigo e no Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O programa, ao que se destinaron 27,5 millóns de euros, seleccionou a catro científicos de Alemaña, a catro de Italia, tres de Francia e un de Bélxica, de Holanda, de Portugal e de Reino Unido.

A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant, destacou que Atrae é a primeira iniciativa a nivel nacional para "atraer a España científicos e científicas de excelencia internacional e reforzar así a competitividade de España. "Queremos atraer o mellor talento porque o noso país se merece ter unha ciencia líder e solvente ao servizo da cidadanía", sinalou.

Unha científica introduce líquido nunha probeta
Unha científica introduce líquido nunha probeta | Fonte: H.Bilbao - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta