Por Europa Press / Redacción | LUGO | 01/01/2024 | Actualizada ás 12:30
O 2024 arrincou na localidade lucense de Triacastela cun tremor de terra de magnitude 3,5, segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional.
En concreto, o tremor produciuse sobre as 1,23 horas da madrugada a 20 quilómetros de profundidade e o seu epicentro estivo nunha área entre Triacastela e Seoane do Courel.
Pouco despois, pasadas as 3,00 horas da madrugada, o municipio ourensán de Baños de Molgas tamén rexistraba un pequeno tremor, neste caso de 1,8 graos de intensidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.