Por Galicia Confidencial | Verín | 02/01/2024 | Actualizada ás 09:00
Coñecedores de que os residuos orgánicos representan aproximadamente a metade de todos os que se xeran no fogar, dende o Concello de Verín anímase a toda aquela veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, a autoxestionalos mediante a compostaxe doméstica. "Grazas a ela, no só se reducirá a pegada de carbono, senón que tamén se poñerá en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono", comentan dende o goberno local.
COMO PARTICIPAR NESTA INICIATIVA?
Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma presencial ou a través da web no enlace https://verin.rsu.gal/ ). Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do 2024.
Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.