Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 18:49
Unións Agrarias (UU.AA.) demandou á Xunta que axilice o pago das axudas aos gandeiros afectados pola praga de ratas tuopo nas comarcas da montaña de Lugo.
Nun comunicado emitido este luns, Unións saúda a apertura destas compensacións económicas, aínda que considera que chegan "con atraso" despois de "anos de loita".
Ademais, reclamou que se manteñan estas axudas en futuros exercicios porque "o problema causado polas ratas topo nos prados segue sen resolverse" nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.