A iniciativa partiu da Agrupación industrial da Lousa de Galicia, entidade que premiou aos once concellos que ao seu criterio teñen maior tradición louseira: Ortigueira, A Fonsagrada, Mondoñedo, A Pastoriza, Lourenzá, Samos, Pol, Quiroga, Folgoso do Courel, Vilamartín e Carballeda.
  comenta   0
A asociación ecoloxista Adega lanza unha campaña de recadación para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o polígono eólico 'Restelo', que prevé a instalación de seis aeroxeradores de 200 metros de altura en Navia de Suarna, Baleira, Becerreá e A Fonsagrada.
Aínda que a central de coordinación de Urxencias Sanitarias 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, o ferido foi evacuado finalmente en ambulancia ata un hospital.
A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive en Negueira de Muñiz e na Fonsagrada, onde asegurou que os seus habitantes "perden calidade de vida" debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo. A formación nacionalista presenta iniciativas ante o Parlamento.
Tras intensos traballos durante a mañá, quedou aberta toda a rede viaria da provincia pola tarde. Continúan a traballar na LU-P-3103, que se afundiu polas intensas choivas.
Os municipios máis afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos.
Recoñece que a falta de profesionais nas listas de contratación fai que "en ocasións" sexa "moi difícil".
Durante estes días, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Bande, Bearíz, A Cañiza, Boiro, Carballedo, Castrelo do Miño, Catoira, Celanova, Fisterra, A Fonsagrada, Guitiríz, Leiro, Marín, Muros, Ortigueira, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía e Vimianzo.
  comenta   0
Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Val do Dubra, Vilar do Barrio e Ortigueira foron as localidades que acolleron mobilizacións esta fin de semana, con motivo do Día Mundial das Montañas, organizadas pola Coordinadora 'Eólica Así Non'.
  comenta   0
A Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto.
O TSXG nega mala praxe pero ve "perda de oportunidade" no hospital ao que derivaron o paciente, que sufriu un derrame e unha minusvalía física do 79 por cento polas secuelas.
  comenta   0
Durante a xornada demandaron a preservación das montañas e os seus ecosistemas, e reclamaron un modelo eólico alternativo.
  comenta   0
Navia de Suarna, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz teñen xa denominación de viño propia
  comenta   0
Os concellos afectados son Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro e Quiroga.
A Deputación de Lugo vén de adxudicar os servizos básicos do complexo afeando á Xunta o seu silencio nas obras.
Un condutor faleceu na tarde deste domingo ao saírse da estrada co coche e envorcar no municipio lucense da Fonsagrada.
  comenta   0
No marco desta operación esclarecéronse 25 delitos, 18 de roubo con forza nas cousas en interior de establecementos públicos .
Só sete concellos concentran o 42% da renda galega e seis comarcas teñen como principal ingreso as prestacións sociais.
  comenta   1
O coruñés Mario Casas fíxose co galardón ao Mellor actor protagonista por 'No matarás', e 'A galiña Turuleca recibiu o Goya á Mellor Película de Animación como única nomeada nesta categoría
  comenta   0
As diferencias entre nacionalistas e socialistas remóntanse ás pasadas eleccións municipais tras impoñer os primeiros ao actual rexedor, Carlos López.
  comenta   0
Galicia foi a segunda comunidade con máis inmatriculacións do Estado realizadas pola Igrexa aproveitando a Lei Hipotecaria de Aznar. Entre estes bens atópase a igrexa máis antiga das catro provincias, pero tamén varios alpendres e ata un 'teleclub'.
  comenta   1
Nestes territorios levan polo menor 2 semanas sen detectar un só caso de contaxio. Máis da metade están en Ourense.
  comenta   0
Os servizos de xestión territorial da Deputación de Lugo traballan en despexar a estrada LU-P-1910, á altura do lugar de Naraxa, na Fonsagrada, debido a un desprendemento de pedras que irrompeu na vía.