Case 800 nenos galegos poderán pedir os seus agasallos a Papá Noel a través de videoconferencia

Durante estes días, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Bande, Bearíz, A Cañiza, Boiro, Carballedo, Castrelo do Miño, Catoira, Celanova, Fisterra, A Fonsagrada, Guitiríz, Leiro, Marín, Muros, Ortigueira, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía e Vimianzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

Case 800 alumnos de educación infantil de máis de 20 municipios de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel gacias á rede de videoconferencia das aulas CeMIT ata o 21 de decembro. Durante estes días, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Bande, Bearíz, A Cañiza, Boiro, Carballedo, Castrelo do Miño, Catoira, Celanova, Fisterra, A Fonsagrada, Guitiríz, Leiro, Marín, Muros, Ortigueira, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía e Vimianzo, ata completar así as 21 localidades que recibirán a visita virtual de Papá Noel e un total 769 nenos en 32 sesións.

O obxectivo desta actividade, segundo explican nun comunicado, é facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos destas localidaes, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes de Noiteboa. Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus pedidos a Papá Noel as persoas adultas en situación de dependencia psíquica do Centro de día de Guitiriz ou do Centro Aspromor de Ortigueira.

Unha nena faise unha foto con Papá Noel en Vigo, en decembro de 2021
Unha nena faise unha foto con Papá Noel en Vigo, en decembro de 2021 | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta