Nace unha nova denominación de viño galego; Terras do Navia

Navia de Suarna, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz teñen xa denominación de viño propia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2022 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia concedeu a protección nacional transitoria á indicación xeográfica protexida (IGP) vitivinícola Terras do Navia, segundo publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Nun comunicado explican que así se utiliza un mecanismo previsto na normativa comunitaria e que permite a utilización e a protección desta denominación no territorio español "mentres a Comisión Europea non adopte a decisión definitiva da súa inscrición no rexistro europeo". Insisten en que esta orde continúa o proceso iniciado o 28 de maio de 2021, momento no que a Consellería de Medio Rural aprobou o recoñecemento desta indicación xeográfica protexida, que se publicou o 11 de xuño do mesmo ano.

Tras isto, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación tramitou a solicitude para inscribila ante a Comisión Europea, que a recibiu o 23 de xullo. Así, habilitábase a posibilidade da concesión da protección transitoria.

"Co recoñecemento desta IGP preténdese protexer e potenciar os viños do territorio delimitado que comprende o municipio lucense de Negueira de Muñiz e diversas parroquias dos concellos de Navia de Suarna e A Fonsagrada", explican. Os viños deben cumprir diversos requisitos relativos tanto ás variedades de uva utilizadas como ás técnicas de produción vitícola e as prácticas enológicas empregadas.

Navia de Suarna, en Lugo
Navia de Suarna, en Lugo | Fonte: clubrural.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta