Martiño Noriega ispe a El Correo Gallego

O rexedor denuncia que o PPdeG pagoulle ao xornal compostelán 200.000 euros os cinco primeiros meses do ano. “Iso non explica todo, nin falta que fai. Tampouco explica, os seus editoriais onde máis aló da lexítima crítica empresarial e xornalística, superan límites para entrar na descualificación persoal de maneira reiterada”, critica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Martiño Noriega vai desvelando, aos poucos, os “poderes fácticos” de Santiago de Compostela dos que falou nunha entrevista a GC durante a campaña electoral. Naquel encontro, o hoxe rexedor compostelán era moi contundente ao suliñar que había determinados “poderes” que non querían que Compostela Aberta chegara ao poder. 

Martiño Noriega nunha entrevista en Correo TV, a TV do grupo El Correo Gallego
Martiño Noriega nunha entrevista en Correo TV, a TV do grupo El Correo Gallego

Dous meses despois daquelas palabra, Noriega xa apunta directamente co dedo e sinala a El Correo Gallego. Este medio, di, recibiu do anterior goberno popular de Agustín Hernández durante os cinco primeiros meses do ano un total de 200.000 euros en base a subvencións e convenios de publicidade. 

O alcalde de Compostela aberta publicou no seu perfil de FB unha dura crítica contra El Correo Gallego a quen acusa de “superar límites para entrar na descualificación persoal de maneira reiterada”. 

“Segundo datos do servizo de intervención municipal destes días, o Concello de Compostela gastou de fondos propios máis de 400.000 euros en publicidade e propaganda nos primeiros cinco meses do ano antes do cambio de goberno, deixando esa partida sen fondos sobre o orzamentado para todo o 2015. Máis da metade nun medio de comunicación da capital (ECG)”, apunta.

Unha información que aporta para tentar explicar os seus duros editoriais contra el.  “Levo anos encaixando críticas con elegancia. Son a peaxe que hai que pagar cando te equivocas, cando defendes outra maneira de facer ou as veces non practicas o “Si señor” ou “o pagar con cartos de todos e todas para que falen ben dun”, apunta.

Sen embargo, recoñece que lle preocupan certas informacións deste medio cando “son un fin en si mesmo que xeran crispación no meu entorno persoal e incluso cuestionan uns resultados electorais dunha candidatura de unidade popular como foi Compostela Aberta”.

O xogo democrático ou é para todos ou non é”, remata a súa reflexión Noriega ao engadir en todo caso, a súa preocupación “porque os traballadores e traballadoras dese medio acumulen máis de dous meses e medio de atraso no cobro dos seus salarios. A miña solidariedade con eles”.

Este comentario no seu perfil de FB tivo máis de 860 “gústames” e foi compartido por 103 persoas. Ademais tivo numerosos comentarios. A maior parte apoiando as súas críticas. Con todo, varios traballadores e colaboradores de El Correo Gallego puntualizaron as súas críticas.

"Eu non son empregado do Correo Gallego , non cobro deles, pero fago un blog de viaxes independentehttp://blogs.elcorreogallego.com/francamino. Non recibo ordes de ningen. Entendo que non guste, pero nel estan a traballar centos de persoas profesionais, moitas progresistas e nacionalistas que fan o seu traballo de maneira decente . Por favor , evitar descalificacións xenericas”, escribía un deles. 

Máis directo era un xornalista. “Pois eu agardo que despois da arroutada o alcalde explique no pleno con pelos e señais o reparto por empresas xornalísticas euro a euro como, a quen é por que se concederon. Euro a euro e empresa a empresa. En pleno municipal, que é de tidos os composteláns, e non en Facebook particular”, apuntou.

Pero a maioría loubou as críticas realizadas por Noriega xa que é a primeira vez que un alcalde fala públicamente das millonarias axudas que reciben os grandes medios de comunicación para falar ben de determinados dirixentes políticos, unha práctica moi común en determinadas institucións públicas. 

Así, un usuario suliñaba que “neste tipo de cousas debería de entrar a. Fiscalía é INVESTIGAR de onde saen as financiacións aos medios de comunicación, e xa.para.empezar DEBERIASELLE EXISIR AO PP DE.COMPOSTELA EXPLICACIONS DO PORQUE DESTE DESPILFARRO”.

Outros aproveitaron para lembrarlle ao rexedor que, igual que El Correo Gallego, tamén La Voz de Galicia recibe suculentas axudas. Un deles apuntaba “ ECG e a Coz van ter que espabilar e vender mais, subvención 0€. , O grave son os traballador@s” e outro indicaba que “agardo que teñas folgos para aguantar os embates dun poder que empregaba os presupostos públicos para autobombo. Era visto. Precisamos ese aire fresco tamén os que non residimos en Compostela. O caso é moi semellante:La Voz de Galicia,La Rsgión... Panfletos que adulan ao gobernante que inxecta presupostos publicos neles e descualifican a quen lles recurta privilexios. Animo”.

Pero, o rexedor compostelán deixaba de lado na súa crítica a El Correo Gallego ao outro principal medio da capital galega, La voz de Galicia. Precisamente, este xoves, e logo da súa xuntanza institucional co presidente da Xunta, Noriega incluía no seu muro a noticia publicada ao respecto polo xornal coruñés cun elocuente “informando”. 

Fontes de Compostela Aberta consultadas por GC aseguran que o concello fará pública toda a listaxe de subvencións que durante estes últimos meses recibiron os medios de comunicación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

11 Nosniega

Vaia, descubriu a pólvora. O Correo, como a Voz e outros, levan moitos anos sendo untados polo PP e nunca vin queixa deste señor. Agora que sufre as críticas persoalmente, vai o neno e colle unha rabecha. Nivelazo

10 Anova rip

Merendiño, lanbón, A quen lle vas dar a ORA? Vas faser como os teus conpinches de La Coruña?

9 Clamarle go

Sempre podemos ler o Atlántico Diario, que como pequeno naide o unta.

8 Santiago

Igual sobra esa imaxe de CorreoTV, onde o alcalde, polo que teño visto, fala cara a cara cos xornalistas e con respeto mutuo e ata diría que bo ambiente. Por outra banda, sobraba que un alcalde utilice as redes sociais para que se arremeta contra traballadores da cidade que goberna. Tan vergoñenta e criticable é a actitude dunha parte como a da outra.

7 Al Bulquerque

Non confundamos Propriedade dos Medios cos Traballadores....un pouco de lucidez: eu se traballo, por exemplo, no SERGAS poido estar en total desacordo coa burrangas da Rocio Mosquera...os xornalistas téñenno mais crú pois que teñen que pasar por un trágala ideolóxico moitas veces.....como se explicaria, senón, que nas Sindicais da Voz gañase a CIG ou outros exemplos semellantes??.

1 voto vendido

Seguro que ti non acreditas nos milleiros de afiliados e votantes de UGT e CC.OO., que de esquerdas pouco son à hora da verdade. Pois o mesmo coa CIG: nada de esquerdas nin de nacionalistas, están no sindicato por intereses personais e corporativos, polos servizos que lles dan, non por compromiso ideolóxico. Así o facían os que quitaban tódolos carnets de conducir, ventaxas varias, cooperativas...Ideoloxía máis ben escasa, negociado para beneficio propio si!