Besteiro aconsella "silencio" a líderes socialistas críticos con Sánchez

Destca que "a inmensa maioría do partido" non comparte as palabras de Page contra a Ley de Amnistía.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/01/2024 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou este xoves que "a inmensa maioría" do Partido Socialista non comparte as palabras do presidente de Castela A Mancha, Emiliano García Page, sobre o PSOE e a Constitución.

Besteiro pronunciouse deste xeito durante a súa intervención nos almorzos de Fórum Europa, despois de que Page asegurase que o PSOE se atopa agora mesmo "no arrabalde da Constitución, a piques de pisar a fronteira constitucional" tras o último pacto alcanzado con Junts para acoutar os delitos de terrorismo que estarán incluídos na Lei de Amnistía, xa que, segundo dixo, "non hai terrorismo bo e terrorismo malo".

Respecto diso, o candidato socialista á Xunta e deputado no Congreso pola provincia de Lugo deixou claro que non comparte as manifestacións do presidente autonómico, do mesmo xeito que "non as comparte a inmensa maioría do partido". Neste punto, Besteiro, que permaneceu apartado do foco político case oito anos debido a unha investigación xudicial que quedaría arquivada e a xuíza apartada, aproveitou para pór en valor o "silencio". "Respecto e valoro cando un dá a súa opinión ou cando lla reserva. Tamén o silencio ten un valor imperante e, se non, que mo digan a min", dixo.

LEI DE AMNISTÍA

Preguntado sobre a súa postura en relación á Lei de Amnistía, Besteiro asegurou que, aínda que entende que "haxa xente que non estea de acordo", el compártea " ao 100%" tendo en conta que considera que se trata de "pasar páxina" e "afrontar o futuro en paz e en convivencia".

"E iso, co tempo, pois eu creo que se nos vai a dar a razón neste paso que estamos a dar agora", afirmou para incidir trátase de "superar esa situación excepcional que se produciu". "En Cataluña hoxe estase mellor, síntese mellor, vívese mellor que cando se realizaron, por certo, os dous referendos sendo Mariano Rajoy presidente do goberno", dixo.

José Ramón Gómez Besteiro / PSDEG - Arquivo / Europa Press
José Ramón Gómez Besteiro / PSDEG - Arquivo / Europa Press

FEIJÓO

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, tachou de "frivolidade" a proposta do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, de realizar unha proba de acceso á universidade común nas comunidades gobernadas polo PP e considerou que con este anuncio busca que non se fale "das cloacas do Estado".

Besteiro pronunciouse deste xeito durante a súa intervención nos almorzos organizados polo Fórum Europa, na que sostivo que Feijóo "está nunha dinámica de inventarse cada fin de semana algo novo". "E todos os fins de semana algo novo e potente, como que é difícil", afirmou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta