A área sanitaria de Pontevedra xestionou en 2023 a doazón de cinco órganos e dúas córneas

Rexistrados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A Oficina de Coordinación de Transplantes da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés xestionou durante o pasado ano 2023 a doazón dun total de cinco órganos e dous tecidos rexistrados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Segundo indicou este mércores na presentación destes datos no hospital Montecelo o coordinador deste departamento, o doutor José Luís Martínez Melgar, nesta área sanitaria foron detectados durante o ano pasado tres doantes reais, dun total de sete potenciais, grazas aos cales se alcanzou a xestión da doazón destes órganos e tecidos. É un dato inferior ao rexistrado no ano 2022 no que houbo oito doantes reais.

No que alcanza á recepción clínica destas doazóns multiorgánicas, o pasado ano 2023 a Oficina de Coordinación de Transplantes da área Sanitaria xestionou, en concreto, as doazóns de tres riles, dúas córneas e dous fígados.

O balance do pasado e 2023 revelou, así mesmo, que se deron dúas negativas familiares á doazón de órganos e outras dúas contraindicaciones médicas por causas clínicas e metabólicas. Neste sentido, o doutor Martínez Melgar sinalou que ao redor do 90% da doantes da área sanitaria pontevedresa son maiores de 75 anos, e que, no caso concreto das cifras do ano pasado, ningún puido selo de órganos torácicos.

PROTOCOLO DE DOAZÓN EN ASISTOLIA CONTROLADA

A Oficina de Coordinación de Transplantes anunciou a próxima activación nesta área sanitaria pontevedresa no mes de marzo dun protocolo de doazón tras a morte circulatoria, máis coñecida como doazón en asistolia controlada.

Trátase da doazón de órganos e tecidos que proceden dun doante ao que se lle diagnostica a morte tras a confirmación do cesamento irreversible das funcións cardiorespiratorias (ausencia de latexado cardíaco e de respiración espontánea).

Este protocolo xestionará as doazóns de órganos provenientes de pacientes con dano cerebral catastrófico, enfermidades neurodegenerativas, cardíacas ou respiratorias en fase terminal, e podería incrementar en tres ou catro a cifra de posibles doantes nesta área de saúde. A día de hoxe, xa se traballa na fase previa de formación do persoal implicado e soamente falta un trámite final do comité de ética.

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP).
Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta