Pontón propón un modelo público de loita contra a soidade non desexada e de atención á vellez no fogar

Reforzará con 86 millóns o servizo de axuda no fogar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2024 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, reuniuse este sábado en Santiago cun grupo de persoas maiores para presentarlles as súas propostas para conseguir unha "vellez digna e con dereitos", a través dun novo modelo público de atención aos maiores, que dará prioridade aos coidados en casa.

A primeira medida proposta por Pontón para asegurar "unha vellez tranquila" é o reforzo e ampliación dos servizos de axuda no fogar (SAF), ao que se comprometeu a incrementar a súa dotación en 86 millóns de euros para potenciar a autonomía persoal de cara a previr a dependencia e aumentar o número de persoas que poidan acceder a este servizo.

Nesta liña, o BNG estenderá os servizos de 'Xantar na casa' para mellorar a alimentación de moitos galegos e combater a soidade non desexada. Ademais, o grupo nacionalista porá en marcha un servizo de orientación e promoción da actividade física para maiores de 65 en colaboración cos concellos, un elemento que incidirá en "unha mellor calidade de vida para os maiores e que lles suporá un mellor envellecemento".

Tamén fomentarán actividades comunitarias, con incentivo á participación social con programas de voluntariado e actividades intergeneracionales, pois consideran que o contacto entre xeracións "será un beneficio para o conxunto da sociedade". Para iso, o Bloque levará a cabo unha ampliación da rede pública de servizos de atención á dependencia, mellorará as condicións laborais das persoas que se ocupan do coidado dos maiores e incrementará a rede de centros de día, cun rateo de dous para cada 100 maiores de 65 anos, e cada comarca galega terá como mínimo un.

A candidata do BNG á Xunta, Ana Pontón, propón un modelo público de atención á vellez no fogar. BNG
A candidata do BNG á Xunta, Ana Pontón, propón un modelo público de atención á vellez no fogar. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta