Por Galicia Confidencial | Madrid | 08/02/2024 | Actualizada ás 20:35
A estratexia do PPdeG de meter na campaña galega as responsabilidades do Goberno central pola crise dos microplásticos non lle saíu nada ben ao seu principal impulsor, o voceiro do PP no Congreso e número dous de Feijóo, Miguel Tellado.
E é que a comparecencia do ministro de Transportes irritou sobre maneira ao ex secretario xeral do PPdeG. Óscar Puentes utilizou parte da súa intervención para lembrar o xeito que ten Tellado de facer oposición e tamén tivo tempo para lembrar as súas orixes cando coqueteu a finais dos anos noventa co BNG de Xosé Manuel Beiras.
"É vostede un líder menor que pensa que berrando ten a razón", espetoulle Puentes quen tamén lembrou a estratexia do PPdeG de querer acabar coa vida política de José Ramón Besteiro, o candidato socialista á Presidencia da Xunta. Así, o ministro referiuse aos anónimos que mandou a líder do PP en Lugo, Elena Candia, para que investigaran a Besteiro. "Nin pola porta de atrás, nin pola porta de adiante van a sacalo vostedes da política porque vai entrar pola porta grande da Xunta de Galicia o vindeiro 18 de febreiro", rematou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.