Publicada a resolución de prazas de atención diúrna e residencial o coidado de persoas con discapacidade

Nos ámbitos do trastorno de espectro autista (TEA), dano cerebral adquirido e enfermidade mental.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2024 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución do tres concertos sociais para a atención especializada nos ámbitos do trastorno de espectro autista (TEA), dano cerebral adquirido e enfermidade mental. Segundo explicou a Xunta, con esta tramitación cumpre co acordo asinado coas entidades o pasado 20 de novembro para garantir a continuidade da atención aos usuarios de máis de 5.000 prazas que xestiona o terceiro sector.

Desta forma, este tres novos concertos engádense aos xa aprobados e que suman no seu conxunto máis de 100 millóns de euros. Así, cada un deles ten catro anos de duración, con opción de prorrogarse ata un máximo de 10 anos.

En concreto, as prazas que se convocan en cada un destes concertos sociais son: 33 especializadas nos coidados ás persoas que sofren enfermidades mentais, 257 para persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), outras 258 para persoas con discapacidade física, 293 para a atención a persoas con parálise cerebral e 4.050 prazas para a atención de persoas con discapacidade intelectual.

Cogami forma como mozo de almacén a 15 persoas con discapacidade de Vigo.. COGAMI
Cogami forma como mozo de almacén a 15 persoas con discapacidade de Vigo.. COGAMI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta