Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/02/2024 | Actualizada ás 13:27
O corpo sen vida dunha muller foi localizado no mar entre o Puntal de Neda e a ponte das Pías, no municipio coruñés de Neda. Segundo informou o 112, o aviso recibiuno ao fío das 10.20 horas deste sábado e o corpo foi recuperado, mediante o uso de motos acuáticas, polos efectivos de Bombeiros de Ferrol. Ademais, no operativo participaron Salvamento Marítimo, os voluntarios de Protección Civil da localidade e a Garda Civil, que investiga o suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.