Usaban o cartón de estacionamento para persoas con mobilidade reducida dunha muller falecida

Foron cazados en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2024 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

A Policía Local de Pontevedra denunciou a un matrimonio por facer uso dun cartón de estacionamento para persoas con mobilidade reducida dunha muller que falecida hai dous anos.

Segundo informou o Concello, os feitos sucederon en Semana Santa cando os axentes recibiron o aviso dun posible uso fraudulento do cartón. Os axentes retiveron o vehículo, na rúa Alfonso X, e confirmaron que os seus ocupantes, un matrimonio, facían uso deste cartón que pertencía á nai da muller.

Ante isto, a Policía Local realizou a denuncia e ordenou a retirada do vehículo ao depósito municipal coa orde de que fosen advertidos cando o propietario recollese o vehículo.

O dono presentouse no depósito e recoñeceu que descoñecía que a súa muller fixese uso do cartón da súa nai. Por todo iso, procederon a retirarlle o cartón e tramitaron a denuncia pertinente.

Imaxe de decenas de coches facendo cola na entrada dun parking completo en Vigo.
Imaxe de decenas de coches facendo cola na entrada dun parking completo en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta