Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 10:57
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución pola que se saca a poxa, mediante un concurso público, ata 510 baixos comerciais e prazas de garaxe propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Precisamente a vicepresidenta segunda en funcións e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, anunciou este pasado luns esta poxa, informando de que estes inmobles se atopan situados en localidades de toda Galicia, e a eles poderase optar mediante compra ou aluguer.
Segundo o DOG, para poder formar parte da poxa, os ofertantes deberán acreditar a consignación, a disposición do IGVS, dunha garantía provisional por importe do 3% do valor basee da venda do inmoble que soliciten ou o 3% do valor da renda anual, en caso de aluguer.
O obxectivo desta iniciativa, segundo dixo Vázquez, é "revivir as zonas, pero tamén unha opción naquelas vivendas públicas nas que as ordenanzas municipais esixen construír dúas prazas de garaxe por cada vivenda", polo que "o 50% desas prazas de garaxe agora saen a concurso, pois tamén unha modalidade, neste caso, de aluguer, de forma preferente, cando están en edificacións de vivenda pública", onde o aluguer "é por sete anos, que pode ser renovado anualmente, en función do que determine a persoa que opte por esta posibilidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.