Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/04/2024 | Actualizada ás 12:16
Quedan catro meses para a celebración do festival SonRías Baixas, que terá lugar os días 1,2 e 3 de agosto en Bueu. Hoxe coñecemos xa os artistas e a súa distribución por días. Nesta edición destacan nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Ginebras, Álvaro de Luna ou Rayden, entre outros tantos. Como non podía ser doutra maneira, haberá unha forte representación da escena musical galega, con nomes como Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants.
Os abonos xerais seguen dispoñibles desde a web do festival e a través de Enterticket.es, e este xoves poñeranse a venda as entradas de día. Como xa ocorreu na edición anterior, o 31 de xullo terá lugar a festa de benvida no recinto e tamén se abrirá a zona de acampada, que este ano trae como novidade a posbilidade de acceso á mesma para as persoas que compren a entrada de un só día.
O festival aposta tamén por coñecer novas propostas musicais como poden ser as de Chef’Special, La La Love You, Anabel Lee, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Élite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras e Travis Birds.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.