Por unha fronte ampla de esquerdas

Varias organizacións políticas e sociais realizaron un exitoso acto de confluencia da Esquerda, que se celebrou este 30 de setembro no Centro Cultural A Kúpula de Madrid.

Por Lois Pérez Leira | Madrid | 02/10/2015

Comparte esta noticia
Unha das organizacións convocantes foi "A Esquerda" que se atopa entre os promotores da mesma. A convocatoria está asinada polo ex xuíz Baltasar Garzón, a ex militante do PSOE Beatriz Talegón, o dirixente de IU Gaspar Llamazares, a ex deputada Cristina Almeida e Carolina Huelmo, encadrada no sector máis crítico de Podemos e militante de Somos Esquerda. Tamén impulsaron o acto Somos A Esquerda, Partido Verde, Convocatoria Cívica, Ezkerra-Berdeak, Esquerda Aberta o Partido dos Traballadores, Nova Esquerda Socialista - Galega etc.
 
"Dirixímosnos a todos aqueles que pensan que o único xeito de evitar o triunfo da dereita nas próximas eleccións xerais e de superar o lastre das políticas de austeridad ultraconservadora, que tanto golpearon a vida cotiá de millóns de cidadáns do noso Estado, é a constitución dunha fronte unitario claro de esquerda", comeza o chamamento.
 
Os participantes, tanto os panelistas como o público coincidiron na necesidade de confluír nunha fronte política que poida derrotar á dereita neoliberal e o bipartidismo. Para iso coincidiron en potenciar a identidade da esquerda, cun programa rupturista e republicano.
Este encontro -histórico sen ningunha dúbida- abre a posibilidade de que xurda unha alternativa electoral que exprese este sentimento unánime. Os presentes sinalaron o orgullo de pertencer ás distintas culturas da esquerda e a necesidade de confluír, onde todos poidan sentirse incluídos, nun espazo plural, amable e trasformador.
 
Desde a organización política A Esquerda sinalamos que é necesario crear un instrumento político, unha fronte ampla de esquerdas, que lle permita ao electorado máis afectado polas políticas salvaxes do capitalismo, votar claramente por esta opción de esquerdas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.