Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 12:19
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste xoves na localidade ourensá de Riós. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, foi un particular o que alertou ás 9,40 horas dun choque entre dous vehículos na N-525, á altura do quilómetro 148.
Ata a zona mobilizouse a Garda Civil de Tráfico, o GES da Gudiña e efectivos dos Bombeiros de Verín, dado que un dos vehículos entorpecía a circulación. Ademais, acudiu unha ambulancia de soporte vital básico do 061, que trasladou ao Hospital de Verín a unha muller de 45 anos e a un home de 70, segundo apuntan a Europa Press fontes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.