Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 14:52
A área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza uniuse á conmemoración do Día Mundial do Párkinson, co que reiteran o seu compromiso co tratamento e a atención a esta enfermidade neurodexenerativa. O Hospital Clínico Universitario de Santiago é centro de referencia na enfermidade do párkinson avanzado, "polo que está á vangarda no tratamento desta patoloxía, con continuos avances".
O párkinson é a segunda enfermidade neurodexenerativa con maior prevalencia en España. A Sociedade Española de Neurología (SEN) estima que actualmente en España existen, polo menos, unhas 150.000 persoas afectadas por esta enfermidade, unha cifra que se triplicará dentro de 30 anos polo aumento da esperanza de vida e polos avances diagnósticos e terapéuticos que experimentou esta enfermidade.
A unidade compostelá de Párkinson ten 1.965 pacientes a seguimento e diagnostica 90 novos casos cada ano. Desde fai tres anos, o centro compostelán incorporou o uso de Ultrasón de Alta Frecuencia (HIFU) para o tratamento do tremor, maioritariamente esencial, pero tamén para o tremor asociado á enfermidade de párkinson.
Desde ese momento, no Clínico tratáronse 181 pacientes con HIFU, incluíndo catro casos bilaterais. Esta técnica complementou a atención a estes pacientes que xa dispuñan dun amplo abanico de abordaxes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.