A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia demoras irregulares e alarmantemente prolongadas en pacientes con prioridade dous do servizo de cirurxía ortopédica e traumatolóxica deste centro.
A xerencia enfróntase a críticas pola xestión insuficiente ante o incremento da demanda asistencial
A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS denuncia "maltrato asistencial" ante unha situación, di, que se repite a miúdo.
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia que un paciente de cancro en remisión,  padece o abandono asistencial do servizo de cirurxía oral e maxilofacial aínda despois de ter pedido varias veces a súa intervención e suspenderse no último momento unha operación xa fixada
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS di que que hai que agardar en corredores sen comodidades adecuadas mentres esperan tratamento.
"Non é tolerable desde o punto de vista dos dereitos dos pacientes seguir mantendo indefinidamente, e a pesar das reiteradas denuncias públicas e administrativas, unha situación que require mellora dos medios materiais e unha maior dotación do cadro de persoal sanitario", denuncian dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.
  comenta   0
Falamos con María Dolores Sánchez-Aguilar, dermatóloga do CHUS para concienciar no Día Mundial adicado a este tumor.
  comenta   0
Segundo o presidente da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, nesta extensa reunión tamén pediron ampliar a dotación de psicólogos para pacientes de cancro, así como mellorar o servizo de atención ao doente porque actualmente "non resolve os problemas"
  comenta   0
O traballo identifica un axente terapéutico que elimina de forma selectiva as células cancerosas. O cancro de tiroides máis agresivo ofrece actualmente moi poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5 %.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, afirmou que o seu departamento ten "un reto difícil, pero ilusionante" e mostrouse convencida de que a Xunta o "vai a solucionar".
  comenta   0
A área sanitaria de Santiago defende que os pacientes "teñen unhas esperas axustadas ás recomendacións" e están a disposición "todos os recursos"
Goretti Sanmartín e o Foro Cívico repasaron os asuntos "de maior interese" para a cidade, como a parcela de Peleteiro, o orbital ou o aparcadoiro do CHUS.
A Asociación O Defensor do Paciente comunicou á Fiscalía Superior de Galicia que investigue os atrasos nas citas para consultas no servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), por considerar que pode haber "un delito".
  comenta   0
Dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncian que "isto, que ten responsables con nomes e apelidos (a xerente da área Eloina Núñez e o xefe do servizo Plácido Mayán), non acontece en momentos puntuais ou imprevistos, senón que se produce ao longo de todo o ano".
  comenta   0
Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico no CHUS e presidente da asociación Dereito a Morrer Dignamente, lamenta que Galicia é a terceira comunidade coa taxa de instrucións previas (documento no cal a persoa manifesta anticipadamente a vontade sobre o tratamento da súa saúde ou o destino do seu corpo para cando xa non poida expresala persoalmente) máis baixa de España: 5,40 galegos cubriron e rexistraron o documento de instrucións previas por cada mil habitantes.
  comenta   0
Fran Allo é traballador social na Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), encargado de informar e apoiar ás familias cando lles dán o diagnóstico do seu fillo. Sempre lles lembra que "hai un recurso permite que cando os dous proxenitores traballan, un poida solicitar a redución de xornada ata o 99,9 %, e a empresa ten que pagarlle igual, porque se entende que o seu traballo é estar ao coidado do seu fillo".
  comenta   0
O tamén investigador no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) recorda que a pandemia fixo moito dano á loita contra o cancro, porque "deulle un freazo" do cal "aínda non se recuperou". "Si que é certo que moitos servizos de oncoloxía e radioterapia continuamos coa actividade, dando servizo aos pacientes, pero aí non estivo o problema, o problema estivo naquelas persoas que non fixeron os cribados cando lles correspondía, non fixeron diagnóstico".
  comenta   0
Estas prazas supoñen unha solución "urxente" e paralela ás obras do Centro de Protonterapia e da ampliación do complexo hospitalario.
  comenta   0
Critica as negociacións coa Xunta para habilitar o novo aparcadoiro do CHUS. Pola outra banda, Muíños (PSdeG) propón unha reunión entre os grupos municipais e lamenta a "falta de transparencia" dos gobernos local e autonómico
  comenta   0
Este mércores estiveron ata 18 pacientes graves agardando durante horas para ser atendidos segundo a Asociación de Pacientes e Usuarios do complexo.