Un home que se precipitou desde un sétimo piso en Santiago é trasladado ao hospital en estado grave

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2024 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias trasladaron en estado grave a un home que se precipitou desde un sétimo piso na rúa da Rosa, en Santiago de Compostela. Sobre as 17.25 horas, un particular alertou ao 112 Galicia de que un home se precipitou desde unha xanela e caera encima dun vehículo estacionado. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local, da Policía Nacional e profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, que trasladaron ao home en estado grave ao centro hospitalario compostelán.

Sala de observación do servizo de Urxencias do CHUS
Sala de observación do servizo de Urxencias do CHUS | Fonte: REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta