Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/05/2024 | Actualizada ás 13:55
O futuro de Eloína Núñez, a xa ex xerente do CHUS, segue no aire. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o que pasará coa curmá de Feijóo depende dos cambios ou encaixes que faga a Consellería de Sanidade
Precisamente, e preguntado polos numerosos cambios neste departamento, desde o conselleiro a numerososo xerentes, altos cargos e cargos intermedios, Rueda dixo que son "normais". "Arrincamos unha nova lexislatura e hai un novo conselleiro e son normais estes cambios", xustificou tras as críticas de partidos políticos e entidades que din que supoñen unha "enmenda á totalidade" á política sanitaria dos últimos anos.
"Se non se produciran cambios criticariannos porque non se fan e agora que se fixeron pois din que é unha enmenda á totalidade. Con todos os cambios que fixemos foron para continuar tendo unha sanidade de primeiro nivel", xustificou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.