Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2024 | Actualizada ás 19:26
A CNT convocou unha protesta do persoal público temporal á que convida a acudir con cacerolas fronte a San Domingos de Bonaval, lugar onde este sábado Alfonso Rueda toma posesión como presidente da Xunta. Segundo explica a central nun comunicado, a mobilización pretende demandar solucións para a temporalidade na administración, "un problema que dura décadas".
Así, a CNT demanda a conversión do persoal temporal "en fraude" a persoal fixo na liña do establecido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), que determinou o pasado mes de febreiro que as administracións españolas usaron de forma "abusiva" a contratación temporal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.