Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

50 os sanitarios

Os que coñecemos ben a Carlos Amoedo sabemos que é unha persoa honrada, honesta, traballadora e amante do noso pais. O seu labor como Secretario Xeral é impecable e boa conta delo pode dar a xente coa que traballaba. A decisión que se tomou é absolutamente inxusta e afastada de calquera criterio razoable. Por encima dos postos e dos intereses políticos están as persoas e a súa dignidade, e este Carlos Amoedo é un home de principios. Ánimo Carlos

49 xose antón

ia dicilo eu amoedogate pero madrugache máis ca min, só engadir que tamén é labor dunha conselleira coñecer e respectar o papel dunha secretaría xeral e asumir que ela está ao servizo da administración, na súa liña política, e non ao reves pero claro, faltalle un curso CCC de iniciación á administración e así se comprende que actúe por subidons hormonais e postcoitais

48 amoedogate

O labor dun secretario é velar pola legalidade e facer as cousas que lle mandan dentro dela.
O labor dun secretario do BNG debería ser o de utilizar a legalidade para avanzar na consecución do programa eleitoral e acadar os postulados ideolóxicos, políticos e programáticos do BNG.
Pero un secretario do BNG que se prestase a darlle a cidade da cultura aos empresarios, para que a conselleira e o conselleiro monten o seu chiringuito en gañanciais a maior gloria de Touriño-PSOE e de Santiago Rey (coruñesismo españolista), para contratar todo a dedo, non é un secretario do BNG. É un chaquetero miserable. Un mercenario a soldo.
Eis a razón do cese de Amoedo e o nomeamento de Sierra.
Amoedo, caíche con grandeza por ser coherente.
Castelao estará orgulloso de ti.

47 Esmendréllome

Os do BNG son a casa de tócame-roque. Poucos, con mal rollo, enfrontados, desconfiando uns dos outros, desunidos, espiándose entre todos, botándose lixo entre si, incapaces de ter algo en común e de poñerse de acordo, con ideas contrapostas, etc. En fin, son todo un poema surrealista. :-(.

46 tinto

Enfrentarse a un conselleiro, dous, tres ou un cento, non é labor dun secretario xeral. Enfrentarse a un presidente, moito menos. facer as cousas con "un par" non é para botar foguetes nin, sinceiramente, creo que sexa o estilo de Amoedo, polo que me contan. Amoedo non pensa cos collóns senón coa cabeza. Afortunadamente para el. Por que non dimitiu?. Aí é onde eu poño a chata. Quen aconsellou a Amoedo a actuar así e por que el se prestou a facelo?. Proceden os consellos de dentro do BNG?. As coincidencias cunha sonora intervención na última Asemblea Nacional do BNG son evidentes.