Gusto moito dos comentarios da rede, máis cando estes son ponderados e o que escrebe sabe de que vai. Por entender tamén se entende até o que escrebe con faltas de ortografía.
Por exemplo tanto a Voz de Galicia como O Ideal Gallego e algún periódico máis, relacionan o cese do segundo da Consellaría de Cultura, Carlos Amoedo, coa viaxe da Conselleira e o seu acompañamento a Cuba, isto sería pecata minuta pero isto e mentira, non e o verdadeiro motivo. No que se revela o exSecretario Xeral, entre outras moitas cousas, e o que quere facer o PSOE coa Cidade Da Cultura. Facer unha Fundación, poñela en mans privadas con miles de millóns de euros de todos os galegos, para que xestione os edificios do Gaias. Este, repito, e o verdadeiro motivo polo que foi cesado, por opoñerse a tal feito.
O PSOE, por medio do Conselleiro de Economía, a súa vez amante da Conselleira de Cultura, e amigo de Touriño, queren facer a Fundación, e vano levar a cabo, pois Quintana, con moita pantalla pero ningún criterio político e falta total de integridade, non se opón e mira para outro lado. Como isto siga por este camiño meterémoslle nas mans dos ricos outro negocio máis como o das Autopistas do Atlántico, e dicir, empeñar a fraca economía galega para cincuenta ou máis anos.