Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

35 xose antón

pos con esos antecedentes, pa min que o sierra traeno a bugalla para darlle o jaque mate á consellaria como regalo de pedida ao da pasta e de paso transfugarse de partido

34 Maruxa

Pero este Sr. Carlos Amoedo non era da UPG. Por este partido ía nunha lista alternativa que se presentou na asemblea local de Cambre. Mudou de chaqueta coma o seu mentor Aymerich. ¡Istes de dereito administrativo¡ veñen a política en busca de poltronas , que manda a UPG con eles, que ven Quintana ,quintanistas.Esperemos que non veña o KKK

33 Pedro

Eu digo que creo que non estivo afiliado ao PSOE, pero si moi próximo, colaborando con el. Estamos, logo, de acordo. E cando digo que nunca militou no nacionalismo refírome a antes de ser nomeado delegado. Pero quédanlle dous telediarios. Como esta connotado de bugallista e a esta ninguén a quere no Bloque e menos na UPG, non creo que repita en cargo. Pero XCS ten ou tiña boas relacións con Súarez Canal por motivos musicais. De feito foi este quen deu o visto bo final ao seu nomeamento de delegado, que tardou moito en producirse porque había moitos pata negra que se postulaban para o cargo (o dos chistes, un poeta, ...). Esa barbaridade que contas pode ser certa: débese a que é un inseguro e tería medo que o criticasen.

32 manuel fernández

Pedro, creo que andas errado no do PSOE. Ambolos dous, el e o seu cuñado, foron durante moitos anos da causa e sí que se afiliou ao BNG hai uns meses para que se vira que era consecuente. Outra cousa que caracterizou a súa xestión en Ourense foi a posta en marcha de un sistema tipo inquisición, abrindo os sobres coa documentación que presentaban diferentes institucións ou colectivos para remitir a Santiago. Para que non o ou non se fixesen cousas sen que el estivese ao cabo do que pasaba abría os sobres antes de darlle curso a Santiago, e alí chegaban abertos. Esto é un delito, puro e duro.

31 ruben

Así que Bugallín foi cesado polo lio de Cuba...por fín,alguen e cesado por este asunto.Polo tema dos audis de tontiño e da reforma innecesario do pisiño,non se sabe nada.País.