nin diferencias nin leches!!!
carlos amoedo, ante o éxito de ventas do seu famoso libro sobre a administración paralela, non tivo máis remedio que tomar a decisión de adicarse ós seus lectores e a tódolos seguidores das súas teses. por iso decidiu que a partir de agora se adicará a traballar na reedicción do seu libro para o que xa ten datos novos suficintes cos chuiringuitos de recente creacción agadic, seaga, consorcio I+B, galescolas, fundacións do gaiás, etc, etc.
a maior dubida que o plecaro autor ten nestes momentos é como titulará a nova edición corrixida e aumentada. algunhas posibilidades que baraxa son:
- "telderetes a gogó",
- "para qué a administración. nos chiringuitos pasase melhor"
para refrescar a memoria e a confirmación das teses do amoedo:
http://www.calimaco.es/b2c/index.ph... ... codp=21522
Resumo: A utilización dos chamados medios propios das Administracións constitúe un fenómeno en expansión; un fenómeno de fuxida do Dereito Administrativo que se xustifica, como en tantas outras ocasiones, ao amparo da tan ansiada como mítica consecución da eficacia da acción administrativa. A presente monografía aborda desde un punto de vista crítico o maior deses medios propios na actualidade (2004), a Empresa de Transformación Agraria, S.A., Tragsa: unha empresa estatal dotada de personalidade xurídico-privada, cuxo obxecto social estendese a moi variadas funcións e servizos relacionados co ámbito agrario e ambiental, e que recibe os encargos de traballo desde distintas Administracións a través do mecanismo da execución de obras pola propia Administración. Tras describir a realidade empresarial de Tragsa, o libro analiza sucesivamente as oito pezas que conforman o seu réxime xurídico: a atribución legal do carácter de medio propio instrumental da Administración para xustificar a aplicación do réxime de execución directa pola propia Administración; a natureza das encomendas de traballos, a falta de publicidade e a sua impugnabilidade xudicial; a encomenda directa de obras á luz do dereito interno de defensa da competencia; a encomenda de traballos á luz do dereito comunitario da concorrencia; o régime de contratación de Tragsa con terceiros; a contratación laboral en Tragsa; o réxime de irresponsabilidade patrimonial; a natureza da encomenda de traballos a Tragsa por parte das Comunidades Autónomas. Analizase a continuación a utilización de Tragsa na Comunidade Autónoma de Galicia con un estudio de dous casos: o caso do saneamento gandeiro e a limpeza das praias durante a crise do Prestige. A partir de aí, revisanse as sombras que este tipo de desdobramentos instrumentais provocan no cumprimento dos compromisos constitucionais das Administracións.
(este libro foi publicado no 2004 polo xa ex-secretario xeral da consellería de cultura cando era profesor de dereito administrativo na universidade da coruña. el mesmo, coa creación de Axencia Galega de Industrias Culturais -AGADIC- , puxo en práctica exactamente o que el mesmo rexeitaba neste libriño de marras. se no texto deste libro de 2004 cambiamos TRAGSA por SEAGA/AGADIC/GALESCOLAS/SEAGA/CONSORCIO/etc. e PP por BNG, poderemos comprobar que seguen plenamente vixente ao 100% os seus contidos)
por iso o negocio está en auxe. e por iso e non por outras razóns é polo que adicarse a seguir profundizando nesa liña de investigación tan fructifera.