Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

70 Mr. Ignatious O Reilly

?Bastante de acordo, pulpeiro. Grazas a Bugallo, e á vista destes posts, como se deben estar a rir os lacaios de Torito e López Llaves!

69 pulpeiro

Pra min que a cousa non é Amoedo non ou si. A cousa é se unha Conselleira posta polo BNG pode actuar de costas á organización, sen consultar nin dar conta a quen a puxo de Conselleira, en temas tan importantes como poñer nas mans do PSOE a Cidade da Cultura a través da súa privatización? iso pra min é alta traición, síntoo moito, e motivo de cese inmediato, que todo o mundo sabe no BNG que nomn se fai porque só quedan un spoucos meses. de quedar un ano de goberno, Anxela Buigallo estaba xa cesada fulminantemente. O Amoedo ese obedeu á Executiva do BNG, mentres que a Bugallo obedeceu a Touriño e ao de Economía. Ela saberá porque.

68 Soldado Ryan

Carlos Amoedo Patriota Galego!!

O resgatado soldado Ryan sempre alerta e às tuas ordes!

67 Amoedofan

Anónimo, tal é a transparencia da xestión de Amoedo, que ata nos deixa para a historia unha “factura” dese desfalco de 300€, grazas ao cal agora poderá xubilarse coma un marajá nas cheichelles ou onde queira; o chungo son os moitos cerapios á dereita doutros números que se levaron algúns, dos cales non se colgou factura en ningún xornal da rede

66 miguel areas

http://www.ces-galicia.org/pdf/dict...

texto íntegro do demoledor ditame que emitiu o CES sobre o anteproxecto de cración da AGADIC (Axencia galega de Industrias Culturais)

o ditame do ces foi aprobado por UNANIMIDADE de tódolos seus membros.

a conselleira de cultura, amoedo e todo a sua equipa, non fixeron caso algún ó demoledor ditame do ces.

seguramente lle amolou moito que o ces empregara os mesmos argumentos que empregaba o propio amoedo nas súas "brilantes" publicacións ... claro que esa brilantez valía cando gobernaba o pp ...

cánto darían algúns por poder borrar da memoria e das hemerotecas "brilantes publicacións" propias ...