Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

65 miguel areas

http://www.elpais.com/articulo/Gali...
El CES se opone a la creación de la nueva Axencia de Industrias Culturais
Un dictamen afirma que "es una excusa para evitar el control público"

64 miguel areas

amoedofan, mira rapaz, nunha democracia o que sobran son os c_ollons. o verdadeiramente importante é a capacidade de diálogo plural, cuestión ésta da que, no exercicio do seu carrego, adolecía o xa ex-sx.

respecto de non cesar ós LD estou dacordo en que non se debe xeneralizar cesando indiscriminadamente a todos. agora ben, o que non ten sentido, nen pode ser xustificable, é empeñarse en manteñer no seu posdo de LD a algún SUPERVIVINTE E PERSISTENTE INEPTO REDOMADO coma o ínclito de persoal.

respecto das brilantes publicacións do ex-sx que cita mr. ignatious o´relly, certo. e tan brilantes eran algunhas que, como dí, trosky, tanto valían para un roto (governo do pp), como para un descosido (governo do bng).

nunha publicación complementaria posterior teoriza sobre as principais consecuencias negativas da administración paralela (o autor amoedo cita a "tragsa" como exemplo a rexeitar, eu citareille a "agadic", un ent creado polo propio amoedo. pois ben, entre outras consecuencias negativas cita: a opacidade na xestión e a precaridade laboral.

pero qué lisitiño nos saíu o catedraticoadministrativo: na oposición fixo por encarga do partido o libro sobre tragasa-prestige e no governo, tamen por encarga do partido, aplicou milimétricamente el mesmo a mediciña que rexeitaba no libriño de marras. mandacara_llo na havana. e nunca melhor dito.

63 Mr. Ignatious O Reilly

Todos os que coñecen a Amoedo saben que estaba nese posto para servir a Galiza, para servir ao BNG, non para lucrarse. Unha vez terminada esta etapa, Amoedo ten onde regresar, á súa cátedra na universidade e aos seus libros, mentres que outras persoas, logo das eleccións, ¿onde regresarán? ¿ao seu posto de becarias, a sus traballos de dependentas? Con Amoedo márchase unha das poucas persoas solventes deste goberno

62 anónimo

Amoedo e a súa autofactura:

http://www.xornal.com/article.php?s...

61 Amoedofan

O persoeiro, Alberto, que mantivo un mediocre do opus, resulta que ao mellor o fixo porque o presunto do opus non é tan incompetente nin mediocre, nin reza en horas de traballo, que é do que se trata, un xesto máis da grandeza de Amoedo, ao igual que non cesar indiscriminadamente a todas as LD polo feito de non ter carnet do bng, algún erro no novo equipo sempre se pode producir evidentemente, e se non demitiu probablemente sería porque ten un par deses ben grandes e ben postos para aguantar o que lle veña enriba