Arrinca en Sanxenxo a rodaxe da película 'Así chegou a noite'

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2024 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou este venres, na localidade pontevedresa de Sanxenxo, na presentación do inicio da rodaxe da película 'Así chegou a noite'. Desta forma, esta é a terceira longametraxe do realizador Anxo Santos que produce a compañía galega 'Maruxiña Films' con subvención da Xunta.

Así, segundo informou o Executivo galego, conta para a súa realización cunha axuda de máis de 255.000 euros mediante unha das convocatorias anuais da Axencia Galega das Industrias Culturais para producións e coproducións audiovisuais. A película rodarase durante os meses de maio e xuño en diferentes localizacións deste concello, así como do Grove e Meaño.

Nunha delas, o antigo cinema de Vilalonga reconvertido no bar O Spa, tivo lugar o primeiro acto de presentación da película. Alí, López Campos felicitou persoal ao director e ao produtor pola traxectoria que lles permite dar inicio a esta nova rodaxe do audiovisual galego.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na presentación.  XUNTA
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na presentación. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta